Mostrando entradas con la etiqueta menus turísticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta menus turísticos. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de julio de 2010

DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DA TERRA

Os menús turísticos son unha iniciativa do Plan de Dinamización de Producto Turístico Ferrol-Ortegal para promocionar a gastronomía e os establecementos de restauración dos que forman as comarcas de Ferrol e Ortegal.
Os menús ofrécense durante todos os días do ano, tanto para o xantar como para a cea, e están elaborados principalmente con produtos do territorio, especificándose na carta o tipo de produto.

Os tipos de menú dentro desta iniciativa son:
  •  MENÚ ÁRTABRO (40 €) : Menú degustación de alta cociña e presentación elegante. Unha grande ocasión para deleitarse cos pratos máis exquisitos. Non inclúe bodega.
  • MENÚ DEGUSTACIÓN DA TERRA (25 €) : Pratos preparados con produtos comúns do territorio. Ideal para degustar o mellor da nosa gastronomía. Inclúe bodega.
  • MENÚ DEGUSTACIÓN DE TAPAS (15 €) : Racións típicas do territorio. Un acerto para as ocasións máis relaxadas. Inclúe bodega.
BO PROVEITO

IMAXE DOS MENÚS

Todos os establecementos adheridos a campaña terán o selo identificativo " Menús Turísticos Ferrol-Ortegal ". Dita imaxe permitirá a súa identificación e trazar diferentes rutas gastronómicas polo destino.
Os menús turísticos teñen imaxe propia e diferenciada da carta, ou o menú do día do establecemento, polo que o Plan de Dinamizacíón do Producto Turístico Ferrol-Ortegal dotará aos participantes de material específico para a súa promoción no establecemento

.