Que ver

CEDEIRA


          SANTUARIO DE SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO:  o segundo santuario de Galicia despois de Santiago de Compostela, e é considerado como a "meca dos galegos". A igrexa de estilo gótico - barroco data dos séculos XVI e XVIII e está situada nun marabilloso e espectacular lugar, caracterizado por presentar o acantilados máis altos de Europa. A venerada ermida é o final do Vello Camiño a Teixido.
        CASTELO DA CONCEPCIÓN: foi construído no século XVII e está situado nun promontorio próximo o porto de Cedeira. Hoxe en día constitúe un magnífico miradoiro sobre toda a ría de Cedeira, e na actualidade é museo municipal.

                                          (c) Xurxo Lobato


FENE


          MUSEO DO HUMOR: museo único en España pola temática dos seus fondos. Debuxos como fotografías e obxectos de autores de todo o mundo que retratan de forma humorística a sociedade do século XX e XXI.
         IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SILLOBRE: igrexa de estilo barroco da primeira metade do século XVII. É de planta de cruz latina e ao pé da nave atópase o coro alto. O interior da nave principal está cuberto por unha bóveda de canón sostida por arcos. Destaca o retablo do altar maior e a torre campanario que culmina cunha cúpula semiesférica.

                                            (c) Xurxo Lobato

FERROL


       FARO DE PRIORIÑO: o faro de cabo Prioriño Chico atópase situado na entrada da ría de Ferrol. É de forma rectangular e a torre encáixase ata a metade na fachada que dá ao mar. Esta está composta dunha base prismática octogonal sobre a que se eleva un fuste troncopiramidal, o balconciño de ferro, a torre grande e a lanterna octogonal. A zona conta cun centro de interpretación e lugares dignos de visitar como a praia de Doniños e a súa Lagoa.
       ARSENAIS: os arsenais militares de Ferrol son un dos mellores exemplos de arquitectura civil e naval que podemos encontrar. Están formados por un recinto amurallado dividido en varias zonas, os estaleiros, os diques e o parque. No seu interior merece especial mención a porta do Dique, a porta do Parque, a Sala de Armas, o dique do Sino e o edificio de Herrerías. O recinto alberga o museo marítimo español dedicado a historia da Construcción Naval.

 
                                               (c) Xurxo Lobato                                
          
MAÑÓN


      FARO DE ESTACA DE BARES: é o faro máis setentrional de toda a Península. Este lugar é a fronteira imaxinaria onde mesturan as súas augas o Atlántico e o Cantábrico. No interior do faro, ascendendo por unha escaleira fundida na histórica "Real Fábrica de Sargadelos", accedese á lanterna. No ámbito achánse un observatorio ornitolóxico e diversos muíños de auga.
       PORTO DE BARES E O BARQUEIRO: o porto de Bares posee unha excepcional importancia arqueolóxica, pois, para a súa construcción reutilizouse un dique fenicio que data do século VII a.C. O porto de O Barqueiro é outro dos espazos que ofrece unha das máis pintorescas estampas do litoral septentrional galego.

                                                           (c) Xurxo Lobato

MUGARDOS


     O CASTELO DA PALMA: o primeiro castelo da Palma, chamado orixinariamente de Nosa Señora da Palma foi contruído no ano 1597, e o edificio actual é do ano 1869. Ten un estilo de fortificación militar. En tempos pasados a súa posición estratéxica para a defensa da entrada na ría era decisiva. Ademais, este castelo viviu o combate das tropas inglesas no ano 1596 e a invasión da vila de Mugardos. O castelo foi empregado como prisión militar para oficias do exército.
      PAZO DAS CONDESAS: data do século XIX e destaca polo seu balcón coa grande balaustrada de ferro forxada. Ten planta rectangular con baixo e dous andares. No primeiro andar da fachada principal sitúase o balcón. No segundo andar da fachada lateral colócase outro balcón, decorado con bolutas, con balaustradas torneadas e con tres columnas salomónicas que sosteñen a prolongación da cuberta.

                                              (c) Xurxo Lobato

NARÓN


     MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DO COUTO: de estilo románico data de comezos do século XII. O mosteiro está declarado Monumento Artístico Nacional e no seu interior alberga un sepulcro gótico do cabaleiro Rodrigo Esquío do século XV, no exterior un sarcófado do século XI.
     ALDEA NOVA: Parque da Natureza e Cultura autóctona de Galicia, é un producto exclusivo, auténtico, vivo e en constante evolución. Esta espléndida mostra da recuperación da identidade galega e o mantemento dos valores do contorno e do medio ambiente de Galicia, garanten a perpetuidade dos recursos autóctonos ás xeracións futuras do territorio. Consta dun coidado bosque autóctono con máis de 200 especies, un invernadoiro, cortellos de gando galego, unha área recreativa... Dispón dun servicio de aloxamento, un coidado albergue de 50 prazas e está dotado de todo tipo de instalacións.

                                             (c) Xurxo Lobato      
                                           
ORTIGUEIRA


      MUSEO ORTEGALIA: o museo permite realizar un percorrido ilustrativo a través da historia, prehistoria e natureza da comarca de Ortegal. Os fondos dispoñibles están principalmente relacionados coa arqueoloxía, aínda que tamén están presentes o patrimonio natural e a actualidade. Salienta a cámara megalítica máis antiga de Galicia. Ademais sobresaen as reconstrucción virtuais de intervencións nos xacementos arqueolóxicos de Punta dos Prados e Forno dos Mouros.
      PORTO DE ESPASANTE: en San Xoán de Espasante encóntrase esta vila típicamente costeira, cuxo principal atractivo reside nas súas dúas amplas praias A Concha e San Antonio, no seu paseo marítimo e no seu porto cuxa lonxa ten bastante movemento de pesca. No seu casco urbano pódese apreciar exemplos de construcción tradicionais de tipo mariñeiro.

                                                (c) Xurxo Lobato


SAN SADURNIÑO


       CASTELO DE NARAÍO: este castelo medieval está vinculado a casa dos Andrade (señores feudais da comarca) e data do século XIV. Encóntrase levantado sobre unha rocha a 400 metros de altitude, nas inmediacións do río Castro. Ten unha pranta irregular en forma de polígono de doce lados. A torre do homenaxe, de planta cadrada e situada no centro do patio de armas, conserva algunha bóveda e algunha saída secreta.
        MIRADOIRO DE PICOS SAN VICENTE: dende o panel interpretativo dexérgase de fronte todo o val de Xuvia ata o fondo da ría de Ferrol, e montes costeiros, a dereita o todo o fértil val de Moeche, e ás costas todos os montes da zona de Igrexafeita.

                                            (c) Xurxo Lobato

VALDOVIÑO


        LAGOA DA FROUXEIRA: enclave húmido de grande importancia no noroeste peninsular, en especial polo seu notable valor ornitolóxico, dado o papel que desenvolve como lugar de descanso para numerosas aves durante os pasos migratorios de primavera e outono. Declarada zona de especial protección  para as aves (ZEPA) e humidal de importancia internacional. A lagoa ten 1600 metros de longo por 500 metros de máxima anchura e a súa profundidade non supera o metro e medio. Atópase separada do mar por unha extensa duna litoral.
       FARO DE PUNTA FROUXEIRA: encóntrase ubicado na punta da Frouxeira e foi construído no ano 1992 cun diseño vangardista totalmete diferente aos tradicionais. O faro comezou a funcionar a finais do ano 1994 e no 2008 finalízase unha profunda transformación do mesmo que elimina o muro cortina acristalado, pecha os espazos destinados ás escaleiras deixando só ventanas en cada altura e reforza os pilares do faro, isto lle proporciona a nova imaxe coa que se encontra actualmente.

                                            (c) Xurxo Lobato