viernes, 30 de julio de 2010

DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DA TERRA

Os menús turísticos son unha iniciativa do Plan de Dinamización de Producto Turístico Ferrol-Ortegal para promocionar a gastronomía e os establecementos de restauración dos que forman as comarcas de Ferrol e Ortegal.
Os menús ofrécense durante todos os días do ano, tanto para o xantar como para a cea, e están elaborados principalmente con produtos do territorio, especificándose na carta o tipo de produto.

Os tipos de menú dentro desta iniciativa son:
  •  MENÚ ÁRTABRO (40 €) : Menú degustación de alta cociña e presentación elegante. Unha grande ocasión para deleitarse cos pratos máis exquisitos. Non inclúe bodega.
  • MENÚ DEGUSTACIÓN DA TERRA (25 €) : Pratos preparados con produtos comúns do territorio. Ideal para degustar o mellor da nosa gastronomía. Inclúe bodega.
  • MENÚ DEGUSTACIÓN DE TAPAS (15 €) : Racións típicas do territorio. Un acerto para as ocasións máis relaxadas. Inclúe bodega.
BO PROVEITO

No hay comentarios:

Publicar un comentario